O 11 de febreiro de cada ano celébrase en todo o mundo o "Día da muller e a nena na ciencia" instaurado polas Nacións Unidas. Ten como obxectivo destacar o papel das mulleres no mundo da ciencia e impulsar a igualdade neste ámbito.
Aquí vos deixamos algúns enlaces de internet interesantes para que coñezades a diferentes científicas que destacaron ao longo da historia, e tamén, na actualidade.

Para colorear
Unha presentación para coñecer a diferentes científicas da historia e o seu traballo.
E un vídeo, no que descubriredes a moitas destas científicas.
Ademais, na nosa Biblioteca atoparedes un montón de libros relacionados con este tema no EXPOSITOR DE LIBROS DESTACADOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario