miércoles, 9 de enero de 2019

"ANIVERSARIO DE TINTÍN"

A pesar da súa xuvenil apariencia, hoxe 10 de xaneiro, Tintín cumpre 90 anos. Parabéns Tintín!!!!!


Por suposto, non podemos esquecer ao seu autor Hergé. Moitas grazas por crear este marabilloso personaxe de cómic que tantas aventuras nos fai vivir.



Ésta é a primeira imaxen de Tintín e o seu inseparable canciño Milú debuxada polo seu creador, Hergé, no ano 1929.



Na nosa Biblioteca podedes atopar varios libros das diferentes aventuras de Tintín. Aquí tedes unha mostra dalgúns deles.



Para que sexa máis doado atopalos e para homenaxear a este fantástico personaxe de cómic, colocámolos no expositor. Atrevédevos a collelos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario