Os alumnos-as de 4º fixeron uns fermosos traballos a partir do libro "Alma y la isla", despois de lelo na aula e escoitar o contacontos que, a partir deste emocionante libro de Mónica Rodríguez, nos fixo Iago López hai unhas semanas.
lunes, 18 de febrero de 2019
jueves, 14 de febrero de 2019
"EXPERIMENTANDO NO RECREO"
Aproveitando que esta semana celebramos o Día da muller e a nena na ciencia, a profe Merchi plantexou un divertido experimento para aqueles alumnos-as que decidiron pasar o recreo na nosa Biblioteca. Pasámolo moi ben e aprendimos algo novo.
miércoles, 13 de febrero de 2019
"NOVAS ADQUISICIÓNS DA BIBLIO"
Completamos un pouco máis o noso catálogo de libros relacionados coa muller na ciencia con estas novas adquisicións. Esperamos que vos gusten moito.
domingo, 10 de febrero de 2019
"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"
O 11 de febreiro de cada ano celébrase en todo o mundo o "Día da muller e a nena na ciencia" instaurado polas Nacións Unidas. Ten como obxectivo destacar o papel das mulleres no mundo da ciencia e impulsar a igualdade neste ámbito.
Aquí vos deixamos algúns enlaces de internet interesantes para que coñezades a diferentes científicas que destacaron ao longo da historia, e tamén, na actualidade.

Para colorear
Unha presentación para coñecer a diferentes científicas da historia e o seu traballo.
E un vídeo, no que descubriredes a moitas destas científicas.
Ademais, na nosa Biblioteca atoparedes un montón de libros relacionados con este tema no EXPOSITOR DE LIBROS DESTACADOS.
miércoles, 6 de febrero de 2019
"NOVIDADES FEBREIRO"
Temos moitas sorpresas este mes na Biblioteca para que vos atrevades a descubrilas. Animádevos a levar algún destes libros para casa.
miércoles, 23 de enero de 2019
"DÍA DA PAZ"
Xa temos moi cerca a celebración do Día da Paz e a non violencia escolar. Será o 30 de xaneiro. Por iso dende a Biblioteca queremos propoñervos algunhas lecturas para conmemorar este día, e por iso, xa preparamos o noso expositor con algúns libros que vos poden gustar moito. Animádevos a coller algún.
Como vedes, un dos libros que está no expositor é a biografía de Gandhi. En recordo do día da súa morte (o 30 de xaneiro), é por que se celebra precisamente nesta data este día tan significativo.
lunes, 21 de enero de 2019
CONTACONTOS " ALMA Y LA ISLA"
Esta semana recibimos a visita do contador de contos Iago López, que nos trouxo a fermosa historia de "Alma y la isla", da escritora Mónica Rodríguez. Nesta nova actividade, de fomento da lectura, para o alumnado de 4º de primaria, a partir deste libro da editorial Anaya, trátanse temas como a realidade da inmigración ilegal, a solidaridade, a familia, a amizade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)