miércoles, 9 de enero de 2019

"ANIVERSARIO DE TINTÍN"

A pesar da súa xuvenil apariencia, hoxe 10 de xaneiro, Tintín cumpre 90 anos. Parabéns Tintín!!!!!


Por suposto, non podemos esquecer ao seu autor Hergé. Moitas grazas por crear este marabilloso personaxe de cómic que tantas aventuras nos fai vivir.



Ésta é a primeira imaxen de Tintín e o seu inseparable canciño Milú debuxada polo seu creador, Hergé, no ano 1929.



Na nosa Biblioteca podedes atopar varios libros das diferentes aventuras de Tintín. Aquí tedes unha mostra dalgúns deles.



Para que sexa máis doado atopalos e para homenaxear a este fantástico personaxe de cómic, colocámolos no expositor. Atrevédevos a collelos.


"AS FAMILIAS CONTAN"

Como nos cursos anteriores, seguimos levando a cabo no noso cole a actividade "As familias contan", organizada dende o Equipo de Dinamización Lingüística, destinada a fomentar o gusto pola lectura dos nosos alumnos-as desde Infantil a Primaria, grazas á colaboración de distintos familliares dos nosos nenos-as.
Neste caso foi Ángeles, nai de Mateo, alumno de 1º B que nos contou o conto "O Calcetín Amarelo".
Moitas grazas aos dous!!!!



"As familias contan" by Slidely Slideshow

Éste é o libro que nos contaron onte Ángeles e Mateo e tamén podedes atopalo na nosa Biblioteca en GAL.1ºC.


sábado, 22 de diciembre de 2018

"RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL"

Aquí tedes algunhas recomendacións para as nosas cartas de agasallos de Nadal.

EDUCACIÓN INFANTIL


EDUCACIÓN PRIMARIA


miércoles, 19 de diciembre de 2018

"BIBLIONADAL"

Durante estes días temos na nosa Biblioteca un expositor moi atractivo con libros e DVD con temática sobre o Nadal. Animádevos a coller algún para levar para casa.


sábado, 15 de diciembre de 2018

"CONTACONTOS SABELA GAGO"

Esta semana os alumnos-as de 1º A e B disfrutaron dunha  actividade de animación á lectura: un marabilloso contacontos a cargo de Sabela Gago