miércoles, 23 de enero de 2019

"DÍA DA PAZ"

Xa temos moi cerca a celebración do Día da Paz e a non violencia escolar. Será o 30 de xaneiro. Por iso dende a Biblioteca queremos propoñervos algunhas lecturas para conmemorar este día, e por iso, xa preparamos o noso expositor con algúns libros que vos poden gustar moito. Animádevos a coller algún.


Como vedes, un dos libros que está no expositor é a biografía de Gandhi. En recordo do día da súa morte (o 30 de xaneiro), é por que se celebra precisamente nesta data este día tan significativo.



Aquí tedes un enlace de wikipedia para saber máis da súa vida.


lunes, 21 de enero de 2019

CONTACONTOS " ALMA Y LA ISLA"

Esta semana recibimos a visita do contador de contos Iago López, que nos trouxo a fermosa historia de "Alma y la isla", da escritora Mónica Rodríguez. Nesta nova actividade, de fomento da lectura, para o alumnado de 4º de primaria, a partir deste libro da editorial Anaya, trátanse temas como a realidade da inmigración ilegal, a solidaridade, a familia, a amizade. 


miércoles, 9 de enero de 2019

"ANIVERSARIO DE TINTÍN"

A pesar da súa xuvenil apariencia, hoxe 10 de xaneiro, Tintín cumpre 90 anos. Parabéns Tintín!!!!!


Por suposto, non podemos esquecer ao seu autor Hergé. Moitas grazas por crear este marabilloso personaxe de cómic que tantas aventuras nos fai vivir.



Ésta é a primeira imaxen de Tintín e o seu inseparable canciño Milú debuxada polo seu creador, Hergé, no ano 1929.



Na nosa Biblioteca podedes atopar varios libros das diferentes aventuras de Tintín. Aquí tedes unha mostra dalgúns deles.



Para que sexa máis doado atopalos e para homenaxear a este fantástico personaxe de cómic, colocámolos no expositor. Atrevédevos a collelos.


"AS FAMILIAS CONTAN"

Como nos cursos anteriores, seguimos levando a cabo no noso cole a actividade "As familias contan", organizada dende o Equipo de Dinamización Lingüística, destinada a fomentar o gusto pola lectura dos nosos alumnos-as desde Infantil a Primaria, grazas á colaboración de distintos familliares dos nosos nenos-as.
Neste caso foi Ángeles, nai de Mateo, alumno de 1º B que nos contou o conto "O Calcetín Amarelo".
Moitas grazas aos dous!!!!



"As familias contan" by Slidely Slideshow

Éste é o libro que nos contaron onte Ángeles e Mateo e tamén podedes atopalo na nosa Biblioteca en GAL.1ºC.