domingo, 25 de noviembre de 2018

"DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Para educar aos nenos-as en igualdade e convertilos no futuro en grandes persoas, temos que ter en conta a importancia deste día. Para iso, na Biblioteca do cole, fixemos unha selección dalgúns libros para traballar neste sentido.


"INICIO PRÉSTAMO"

Por fin, esta semana, puidemos comenzar o préstamo de libros na Biblioteca do cole. Este curso foi un pouco máis tarde porque estivemos recolocando os libros. Pero cremos que a espera merece a pena.
Durante este curso contaremos cuns fantásticos axudantes que durante os recreos colaborarán con nós para facer dito préstamo aos seus compañeiros-as.


lunes, 19 de noviembre de 2018

"XA TEMOS MASCOTA"

Foi unha decisión difícil porque os alumnos-as do noso cole aportaron fantásticas ideas para a nosa mascota. Pero aquí está. Chegou IRVI para acompañarnos nas nosas aventuras na Biblioteca.
Noraboa a Xiana Blanco Cidón pola súa marabillosa imaxinación!!!!!


domingo, 28 de octubre de 2018

"MASCOTA DE BIBLIOTREN"

Con motivo da celebración esta semana do "Día das Bibliotecas", propuxemos aos alumnos-as de Ed. Primaria do noso cole que crearan unha mascota para a nosa BIBLIOTECA. Aquí está o resultado da súa marabillosa imaxinación.




Moi pronto saberemos cal é a elexida!!!! 

martes, 28 de agosto de 2018

jueves, 3 de mayo de 2018


23 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro, o alumnado de 5º curso de primaria animou a hora de lectura desta semana lendo distintos contos en todas as aulas do colexio. Enhoraboa aos participantes.