Aínda que xa está rematando, non queremos deixar de destacar que este mes de Novembro foi declarado como "Mes da ciencia" por parte de Bibliotecas Escolares de Galicia. Neste enlace tedes un montón de información deste tema.
Para educar aos nenos-as en igualdade e convertilos no futuro en grandes persoas, temos que ter en conta a importancia deste día. Para iso, na Biblioteca do cole, fixemos unha selección dalgúns libros para traballar neste sentido.
Por fin, esta semana, puidemos comenzar o préstamo de libros na Biblioteca do cole. Este curso foi un pouco máis tarde porque estivemos recolocando os libros. Pero cremos que a espera merece a pena.
Durante este curso contaremos cuns fantásticos axudantes que durante os recreos colaborarán con nós para facer dito préstamo aos seus compañeiros-as.
Foi unha decisión difícil porque os alumnos-as do noso cole aportaron fantásticas ideas para a nosa mascota. Pero aquí está. Chegou IRVI para acompañarnos nas nosas aventuras na Biblioteca.
Noraboa a Xiana Blanco Cidón pola súa marabillosa imaxinación!!!!!